Outros elementos

Os caneiros
Se en algo destaca especialmente a parroquia de Francos é polo seu gran numero de caneiros para a pesca.
Nestes lugares, é onde os pescadores van pasar a noite para pescar. Algúns atópanse no medio do río e só é posible acceder a eles nunha embarcación.

















Augas termais
Outra cousa que destaca deste lugar son as súas augas termais. Antigamente podíanse ver facilmente e moita xente acudía a velas, pero neste momento non están moi ben indicadas.
Polo inverno pódense distinguir perfectamente, xa que, sobre todo os días de frío, pódense ver saír de entre as rochas e a diferenza de temperatura nótase facilmente.


















Muíños e pombais

Antigamente había varios muíños e distintos pombais pola zona, pero actualmente están todos en desuso e a gran maioría non se conservan.












Hórreos
A gran maioría das familias posúe un hórreo propio. Algúns están en desuso e outros utilízanse para gardar ferramentas ou incluso algún tipo de alimento, pero todos están en perfecto estado.